O presidente anunciou a ampliación das actividades impulsadas pola institución arredor da conmemoración do Día Transrrománico para seguir apoiando o turismo, a hostalería e o comercio, e, ao mesmo tempo, avanzar cara a un modelo turístico de calidade e sostible, con capacidade para xerar actividade económica e emprego no rural.

As inscricións para as rutas, que terán lugar os días 7, 8, 9, 14 e 15 de maio, poderán realizarse na web http://inscricions.deputacionlugo.org dende mañá xoves, ata dous días antes das actividades ou ata completar o aforo.

A programación organizada este ano pola Deputación con motivo do Día da Transrománica é a seguinte:

Sábado 7 de maio
– 10.30 horas. O románico nas Terras da Ulloa
– 11.00 horas. Románico do Lugo rural e Guntín
– 16.30 horas. O románico de Chantada
– 16.30 horas. O románico nas Terras da Ulloa: Palas de Rei e Monterroso

Domingo, 8 de maio
– 10.30 horas. Taboada: O románico menos coñecido
– 10.30 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino
– 16.30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño

Luns, 9 de maio
– 11.30 horas. A Catedral de Lugo e a Cidade Medieval

Sábado, 14 de maio
– 10.30 horas. O románico en Sober
– 10.30 horas. Monforte na historia
– 16.30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel
16.30 horas. Santa María de Meira

Domingo, 15 de maio
– 10.30 horas. O Románico na contorna do Miño e o Camiño de Santiago: Portomarín e Paradela
– 10.30 horas. San Martiño de Mondoñedo
– 16.30 horas. O Románico no Camiño Francés
– 17.00 horas. Santa María do Campo e Viveiro histórico

A Deputación organiza en maio 16 rutas gratuítas polo patrimonio románico da provincia con 400 prazas | Deputación de Lugo (deputacionlugo.gal)

error: Content is protected !!