https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210719/AnuncioO143-080721-0001_es.html
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, convoca axudas para a mellora da calidade da auga das traídas veciñais, por importe de 500.000 euros para os anos 2021-2022.
OBXECTO : Esta liña de axudas está destinada a promover accións que melloren a prestación do servizo de abastecemento de auga para o consumo humano e a calidade da auga, xestionado por comunidades de usuarios . Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021 destinados á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas xestionadas polas comunidades de usuarios.
BENEFICIARIOS: Para poder optar a estes incentivos, as comunidades de usuarios deberán estar constituídas legalmente, sendo compatibles con outras axudas ou subvencións que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas.
IMPORTE DAS SUBVENCIÓNS: As axudas cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, segundo a criterios obxectivos, ata un máximo de 15.000€ por proxecto. O 20% do financiamento restante deberá ser achegado pola propia comunidade de usuarios que resulte beneficiaria da subvención, sendo compatible con outras subvencións ou axudas.
O 40% do importe da convocatoria, é dicir, 200.000 euros, destinarase ao financiamento de proxectos de comunidades de usuarios de ata 50 membros. Os outros 300.000€, o 60% restante, estará dirixido ás actuacións de comunidades de usuarios con máis membros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Os interesados poden solicitar as axudas desde mañá e contan cun prazo dun mes para presentar as súas solicitudes.