Segundo a FEGAMP ( Federación Galega de Municipios e Provincias ) e seguindo as directrices da Consellería de Sanidade, informan do seguinte:
“A celebración de fogueiras de San Xoán en espazos públicos non se poderían realizar atendendo o que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021,
4.6. Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.
Para a celebración de fogueiras en espazos privados, poderían ser como máximo de 15 persoas como ven establecido na orde de 10 de xuño,
«Terceiro.bis. Recomendacións relativas á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privadosNo territorio dos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II recoméndase que os grupos non superen as seis persoas coma máximo en espazos pechados e as quince persoas coma máximo en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.Así mesmo, nestes mesmos concellos recoméndase que, entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado se limite aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.”
Polo tanto:
– Non se celebrarán fogueiras públicas (a que cada ano organiza o Concello).
– Si, pódense celebrar nas casas de xeito privado.
– É necesario cubrir o formulario que se achega de comunicación da realización de fogueiras para entregar no Concello de Meira (Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00).