Agader a través do DOG publicará o 30 de xaneiro de 2023 unha nova convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias:

Parroquia – Concello
TEMPLE (EL) (SANTA MARIA)A Coruña,
CORUÑA (A)-A Coruña,
OZA (SANTA MARIA DE)- A Coruña,
VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS)- A Coruña,
VISMA (SAN PEDRO DE)- A Coruña,
ALMEIRAS (SAN XIAN)- Culleredo,
BURGO (O) (SANTIAGO)- Culleredo,
RUTIS (SANTA MARIA)- Culleredo,
FERROL- Ferrol,
TRASANCOS (SANTA ICIA)- Ferrol,
NARON- Narón,
PERILLO (SANTA LEOCADIA)- Oleiros,
SANTIAGO DE COMPOSTELA- Santiago Compostela,
SANTIAGO (SAN CAETANO)- Santiago Compostela,
SANTIAGO (SAN LÁZARO)- Santiago Compostela,
SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA)- Santiago Compostela,
LUGO – Lugo,
VALENZA (A) (SAN BERNABE)- Barbadás,
OURENSE – Ourense,
MONTEALEGRE (LA MILAGROSA)- Ourense,
VISTA FERMOSA (SAN XOSE)- Ourense,
PONTEVEDRA – Pontevedra,
LEREZ- Pontevedra,
MOURENTE-Pontevedra,
SALCEDO-Pontevedra,
VIRXE DO CAMIÑO (A)- Pontevedra,
POIO (SAN SALVADOR P.)-Poio,
VIGO – Vigo,
ALCABRE-Vigo,
CANDEAN – Vigo,
CASTRELOS- Vigo,
COMESAÑA- Vigo,
FREIXEIRO – Vigo,
LAVADORES- Vigo,
NAVIA- Vigo,
SARDOMA- Vigo,
TEIS- Vigo.

A convocatoria será moi similar á publicada no ano 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220125/AnuncioO90-301221-0001_gl.html
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

  1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural.
  2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
  3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden porse en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547369 – 981547382 – 981542690

error: Content is protected !!