Co obxecto de darlle a maior difusión entre os posibles beneficiarios do seu concello, diríxome a vostede para anunciarlle que Agader a través do DOG publicará o 29 de xaneiro de 2025 unha nova convocatoria de axudas dirixida á “ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

Os proxectos poderanse localizar en calquera territorio de Galicia, agás nas seguintes parroquias :

ParroquiaConcelloParroquiaConcello
TEMPLE (EL) (SANTA MARIA)A CoruñaOURENSEOurense
CORUÑA (A)A CoruñaMONTEALEGRE (LA MILAGROSA)Ourense
OZA (SANTA MARIA DE)A CoruñaVISTA FERMOSA (SAN XOSE)Ourense
VIÑAS (SAN CRISTOBAL DAS)A CoruñaPONTEVEDRAPontevedra
VISMA (SAN PEDRO DE)A CoruñaLEREZPontevedra
ALMEIRAS (SAN XIAN)CulleredoMOURENTEPontevedra
BURGO (O) (SANTIAGO)CulleredoSALCEDOPontevedra
RUTIS (SANTA MARIA)CulleredoVIRXE DO CAMIÑO (A)Pontevedra
FERROLFerrolPOIO (SAN SALVADOR P.)Poio
TRASANCOS (SANTA ICIA)FerrolVIGOVigo
NARONNarónALCABREVigo
PERILLO (SANTA LEOCADIA)OleirosCANDEANVigo
SANTIAGO DE COMPOSTELASantiago CompostelaCASTRELOSVigo
SANTIAGO (SAN CAETANO)Santiago CompostelaCOMESAÑAVigo
SANTIAGO (SAN LAZARO)Santiago CompostelaFREIXEIROVigo
SANTIAGO (SAN XOAN DE FORA)Santiago CompostelaLAVADORESVigo
LUGOLugoNAVIAVigo
VALENZA (A) (SAN BERNABE)BarbadásSARDOMAVigo
  TEISVigo

A convocatoria será moi similar á publicada no ano 2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230130/AnuncioO90-301222-0003_es.pdf

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

Proxectos Subvencionables:

Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

Adquisición de bens de equipo co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €. 

3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servicios nos sectores de hotelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalería e restauración.

4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola…).

5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas

6º) Artesanía e actividades artesanais.

7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

8º) Comercio polo miúdo.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden pórse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal  ou nos teléfonos: 981547369 – 981540140- 881997263

error: Content is protected !!