Banda Municipal de Música de meira
A Banda Municipal de Música de Meira creouse no 2003, facendo a súa primeira actuación na Casa da Cultura, coincidindo coa fin do curso na Escola Municipal de Música de Meira. Actualmente ten 35 membros de todas as idades.Desde 2003
A Banda actuou en moitos lugares dentro e fóra da nosa provincia: Ribeira de Piquín, Guitiriz, Portomarín, Sarria, Monforte, A Pontenova, A Pastoriza, Mondoñedo, Castro Ribeiras do Lea, Vilalba, …, Brión, Valga, La Caridad (Asturias), Oviedo (Asturias), …
Tamén actuaron en festas emblemáticas como a Festa da Malla de Meira ou Festa do Emigrante en Mosteiro, e en programas de televisión como Luar acompañando á cantante Rosa Cedrón, na homenaxe a Xosé Manuel Seivane, etc.
O director da banda dende os seus inicios é Francisco Javier García Canto, que conta cun amplo currículo como profesor e director de banda.
O seu perfil de facebook é:

