BANDO:
PARTICULARES, EMPRESAS E ENTIDADES PODERÁN FACER DOAZÓNS PARA CONTRIBUÍR A REPARAR OS DANOS SUFRIDOS E AXUDAR ÁS PERSOAS DAMNIFICADAS POLA DANA QUE AZOUTOU A COMUNIDADE VALENCIANA.
Dende a Federación Española de Municipios e Provincias comunícannos que dados os problemas de loxística e almacenamento que están a ter en Valencia, é máis recomendable agora mesmo enviar axudas a través de doazóns económicas ás organizacións que traballan nas zonas afectadas. Por este motivo, a Generalitat Valenciana creou unha conta solidaria destinada a apoiar aos afectados pola DANA que azoutou a Comunidade Valenciana.
A través desta inicativa, cidadáns, entidades e empresea poderán realizar doazóns que serán destinadas integramente a asistir ás persoas afectadas e contribuír a reparar os danos sufridos. A iniciativa solidaria está xa operativa grazas á Consellería de Facenda, Economía e Administración Pública en colaboración co Banco Sabadell.
Os interesados poden realizar as súas doazóns na seguinte conta finalista: ES94 0081 0693 6100 0242 3445.
Por cada euro doado, o Banco Sabadell comprometeuse a achegar un euro adicional, cunha achega mínima por parte da entidade de 500.000 euros. A Generalitat valora a implicación e solidariedade de todas as entidades, empresas e particulares que mostraron a súa disposición para contribuír a minimizar o impacto da DANA.
O alcalde,
Antonio de Dios Álvarez