As modificacións introducidas na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia pola Lei 9/2017, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas determinan unha serie de obrigas ós propietarios de todo tipo de solo de manter e xestionar a biomasa forestal nunha franxa de 50 metros: perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable; arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte; arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
Non poderá haber árbores das especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira da Lei, concretamente: piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, carqueixa, brezo, fento, toxo e silveira.
O prazo remata o 20 de xuño de 2025.
