A presente convocatoria ten por obxecto aprobar as bases do programa Bono Impulso-Deputación de Lugo,
destinado ao fomento do consumo de bens en establecementos comerciais locais comerciantes polo miúdo e
de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolto por persoas empresarias autónomas, microempresas e
pequenas empresas da provincia de Lugo.

Terá a consideración de bono, o desconto por un valor de 30€ sobre unha compra mínima de 60€ nos
establecementos adheridos. Isto significa que cada solicitante obterá un bono de 30€ a condición de que realice
60€ de consumo en calquera dos establecementos adheridos.

ATENCIÓN AOS PRAZOS DE SOLICITUDE DE ADHESIÓN POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS, E AOS PRAZOS DE CONSUMO POR PARTE DOS CLIENTES.

03-05-2021.pdf (deputacionlugo.gal)

error: Content is protected !!