equitación e ecoturismo
É o gran atractivo de Casa Cazoleiro, unha casa señorial de 1936, na que os cabalos forman parte da familia. A casa conserva na súa estrutura a esencia da cultura tradicional da zona, levándonos a gozar de excelentes días de ecoturismo nas súas instalacións. Participar nas tarefas diarias dunha granxa tradicional pode ser unha delicia para os nenos.
O lugar axeitado para as túas vacacións
Para todos aqueles que queiran entretemento, tranquilidade e marabillosos recordos do seu tempo de vacacións, no que ademais de descansar, poidan percorrer a zona, alimentar aos cabalos ou galiñas, gozar de actividades como paintball, sendeirismo, rutas a cabalo, quad. escoitar o son da auga entre as pedras nas distintas áreas recreativas como o Pedregal de Irimia ou contemplar flora e fauna con características únicas na rexión.