Convocatoria para a concesión dunha subvención a empresas de calquera sector, da provincia de Lugo, para financiar bolsas para mozos/as inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que realicen prácticas non laborais en empresas.
A Deputación e a EOI ofrecen 210.000 euros de axudas a empresas e asociacións da provincia para a contratación de mozos e mozas en prácticas remuneradas.
Beneficiarios, destinatarios das prácticas non laborais, obxecto, importe, prazo de presentación de solicitudes e máis información: Anuncio 9055 do BOE núm. 69 de 2022