Concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2020-2021.

BENEFICIARIOS:- Os clubs deportivos da provincia de Lugo que teñan a súa sede e domicilio social na provincia de Lugo e participen en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal.

OBXECTO: – Financiar os gastos de temporada 2020-2021 dos clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal, de como mínimo 15 xornadas de competición regular oficial e nas seguintes disciplinas deportivas e modalidades deportivas: Fútbol, Fútbol sala, Baloncesto e Voleibol

CONTÍA : – Establécese un importe mínimo de 25.000€ a conceder a todos aqueles beneficiarios con solicitudes admitidas e completas e que cumpran cos requisitos previstos nesta convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : – 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Nº128, de data 08/06/2021). O prazo de presentación de instancias remata o día 15 de xuño de 2021. O prazo para a presentación de instancias remata o 15 de xuño de 2021 .

OUTROS DATOS : – Poderase realizar un anticipo como entrega de fondos que non superará o 50% da axuda concedida, con dispensa de garantía. – Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato pdf.