CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Meira, na sesión ordinaria celebrada o día 24 de febreiro de 2025
aprobou as bases do proceso selectivo para a contratación de (5) peóns de servizos multiples en réxime de
laboral temporal, polo sistema de concurso-oposición ao abeiro do Plan de Cooperación cos Concellos 2025,
programa de Reforzo do Emprego.
De acordo coa Base 5ª das que rexen o procedemento selectivo, faise público dito procedemento selectivo
mediante anuncio da convocatoria no BOP de Lugo e a publicación íntegra das bases no Taboeiro de
Anuncios.
Aqueles aspirantes que desexen participar no devandito proceso, disporán dun prazo de dez (10) días
naturais para a presentación de instancias dende a publicación deste anuncio no BOP.

error: Content is protected !!