Feira de Meira

Un mercado centenario.

Celébrase cada quince días, os domingos alternos, reunindo a veciños e visitantes.

Unha “feira” tradicional que aínda se conserva.

A “feira de Meira” é unha das poucas feiras tradicionais que aínda se conservan. A súa historia remóntase a 1707 cando o Mosteiro obtivo o “privilexio real” para celebrar feira.

Meira nos días de feira é un auténtico “bulicio feliz”. Diferentes postos ofrecen produtos artesanais, gastronómicos ou da horta, roupa e calzado, animais de granxa e incluso música.

 

E como boa feira, non podemos esquecer o auténtico “polbo á feira” que desde os “caldeiros” convida a probalo, ademais dos viños e tapas que se gozan nos bares da vila.

As feiras de Meira son recoñecidas máis alá da contorna e como todo o bo seguen a ter gran atractivo. Unha forma de cultura que aínda sabe a roscas e conversas.

error: Content is protected !!