Festa da Malla
A Malla do Trigo de Xeito Artesanal.
Esta festa conmemora o ancestral traballo de degranar o trigo, que despois de recollelo,
poñíase en “medas” á espera de mallalo, separando así o gran da palla.
Festa de Interese Turístico de Galicia
A Festa da Malla é un patrimonio cultural que Meira revive cada ano o último domingo sen feira en agosto.
Data de 1992, xurdida do traballo dalgúns labregos e cazadores de Meira para mallar o trigo que sementaran para proporcionar alimento ás perdices e outras aves cinexéticas. O son da máquina de mallar espertou o interese dos veciños, que aínda hoxe segue vivo.
Dende o 2005 esta festa está organizada pola Asociación Amigos da Malla en colaboración co Concello. Durante todo o día, centos de persoas contemplan esta tarefa agrícola no centro da vila. É a Festa da Malla máis veterana de Galicia.
A Festa da Malla está declarada de Interese Turístico de Galicia dende o 2006.
Veciños e visitantes tamén gozan do costume de degustar un xantar tradicional cun saboroso cocido, uns deliciosos buñuelos e por suposto música durante todo o día e parte da noite.
A xornada compleméntase con postos de artesanía e unha ampla exposición de maquinaria antiga.
1ª edición da Festa da Malla, ano 1992.