Na páxina web municipal, na sección Ligazóns e Descargas, pode obter o formulario de datos de empresas para enviar cuberto ao Concello e que se inclúan os datos da empresa/negocio/servizo con presenza física en Meira e que aínda non aparece no Directorio de Empresas, ou que modificou os seus datos e quere actualizalos.
Só ten que descargar o ficheiro, enchelo, asinalo e envialo xunto cunha fotografía horizontal do establecemento (preferentemente desde o exterior e que na imaxe non apareza ningunha persoa).

Se a empresa/negocio/servizo ten a súa sede noutro lugar fóra de Meira, o enderezo que debe figurar é só o do seu establecemento no noso concello, xa que se trata de información sobre as Empresas/Negocios de Meira.

Formulario-Guia-de-Empresas.pdf (concellodemeira.com)

error: Content is protected !!