A Deputación de Lugo organiza este xoves, 17 de novembro, a I Xornada Emprego a Provincia de Lugo, na que se encontrarán empresarios e desempregados do territorio para poñer en común as necesidades do mercado laboral dende as diferentes perspectivas e así axudar a mellorar a oferta e a demanda.
A cita, que terá lugar dende as 11:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, é de acceso libre e gratuíta, ata completar o aforo.
As inscricións poden facerse no seguinte enderezo electrónico: area.emprego@deputacionlugo.org ou no teléfono: 982260204.
Axúntase cartel e programa das xornadas.