



Saúdos do alcalde
Antonio de Dios Álvarez
Benvidos e benvidas á Web Oficial do Concello de Meira, unha nova ferramenta tecnolóxica que pon nas súas mans os servizos e posibilidades que ofrece a nosa vila.
Quixera saudar e dar a máis cordial benvida a todos os visitantes desta páxina web coa que se pretende establecer unha comunicación máis directa e eficaz cos cidadáns.
Para aqueles que aínda non coñezan o noso concello e decidan ver esta fiestra virtual desde calquera parte do mundo, quero expresar os meus saúdos persoais, en nome da Corporación Municipal que presido e de todos os meus veciños e veciñas, e convídovos a coñecer e gozar de todo o que Meira vos pode ofrecer: as nosas feiras quincenais, festas e tradicións; as nosas paisaxes naturais, rutas e fontes singulares, como o Nacemento do Río Miño; a nosa cultura, historia e patrimonio monumental da man do excepcional mosteiro cisterciense de Santa María de Meira; a gastronomía e, sobre todo, a amabilidade dos meiregos e meiregas.
Finalmente, aproveito este espazo para animar a todas e a todos os internautas a que nos fagan chegar as suxestións, ideas e opinións que consideren oportunas, co obxectivo de poder mellorar a xestión municipal e facela máis aberta e participativa, favorecendo así a presenza de Meira a universalidade da rede.
Un agarimoso saúdo,
Antonio de Dios Álvarez

Servizos do Consello

portal de transparencia

Actas

bandos e noticias

sede electrónica
Corporación Municipal
Responsables de las Concellerías

Agustín Méndez Moirón
Primeiro Tenente de Alcalde
PSdG- PSOE . Concelleiro delegado de educación, cultura, deportes, xuventude, turismo, xestión da depuradora municipal e protección civil.

Mª das Urdes Díaz
Segunda Tenente de Alcalde
PSdG-PSOE. Concelleira delegada de sanidade, terceira idade e benestar social e igualdade.

Ruben Vidal Vidal
Terceiro Tenente de Alcalde
PSdG-PSOE. Concelleiro delegado de agricultura, gandería, montes, incendios, parques e xardíns.

Manuel Vidal Vallejo
PSdG-PSOE. Concelleiro delegado de alumeado público, rural, limpeza de rúas, augas e cemiterios.

Mª José Salgado Lejo
PSdG- PSOE . Concelleiro delegado de feiras, festas, promoción económica e emprego.

Felipe Nieto Pérez
BNG. Concelleiro e Portavoz do Grupo Municipal.

Enrique Castro Castro
Grupo Mixto GS . Concelleiro e Portavoz do Grupo Municipal.

Carlos Veiga Pérez
PP . Concelleiro e Portavoz do Grupo Municipal.



