Xoves 28 de setembro no muíño do parque ás 19:30 horas. Da man de Morcegos de Galicia con patrocinio da Deputación de Lugo e colaboración do Concello de Meira.
A actividade está pensada para o público en xeral e para os rapaces/as en particular.
Farase un paseo polo parque, avistamento dos morcegos que habitan no muíño e compleméntase cunha exposición de 7 paneis con soportes, explicando a anatomía, ecoloxía, servizos ecosistémicos e a necesidade de conservalos, con información das especies de Galicia.
Importancia dos morcegos na conservación e mantemento dos ecosistemas.
Actividade gratuíta. Cómpre inscrición no 618.679.632.
Levar roupa e calzado axeitados.

error: Content is protected !!