O Concello de Meira a través dos Servizos Sociais Comunitarios, organizou os días 28, 29 e 30 de abril obradoiros de teatro en Igualdade no IES Pedregal de Irimia para previr a violencia de xénero entre a súa mocidade. O programa foi financiado polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para as entidades locais e realizado pola única consultora especializada en igualdade de Lugo, Coeduc@, consultora de coeducación.

Os obradoiros impartíronse para 90 alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e destacaron pola súa pedagoxía innovadora que fusiona teatro, dinámicas de grupo, TIC´S e aprendizaxe cooperativa. A través das improvisacións teatrais promoveuse a reflexión sobre a violencia de xénero ao tempo que se promove a igualdade.

error: Content is protected !!