Meira
Páxina web oficial do Concello de Meira

Nai do Pai da Nosa Terra
Meira é un concello lucense de 46,9 quilómetros cadrados situado entre as serras orientais e A Terra Chá.
Meira e Seixosmil son as dúas parroquias que forman o noso concello. Cun censo de 1731 habitantes (en 2019), son dúas parroquias cheas de patrimonio, natureza e gran riqueza etnográfica, onde a simpatía dos seus habitantes está sempre presente.

MEIRA

A actividade económica da comarca de Meira xira arredor da agricultura, o comercio e a industria. O seu parque industrial e as boas vías de comunicación fan que as actividades laborais aumenten, converténdose nunha vila chea de vida e actividade.
A gran calidade de vida que ofrece o municipio compleméntase con actividades de lecer, acolledoras casas de turismo rural, rutas de sendeirismo para gozar da contorna, paisaxes naturais únicas, un sorprendente patrimonio cultural e unha gastronomía tradicional que debes probar.
Taboleiro de Anuncios
Toda a información política, administrativa, cultural, festiva … o día a día de Meira
Últimas publicacións
OBRA DE TEATRO: LA PIMENTERA. CENTRO SOCIOCULTURAL DE MEIRA. SÁBADO 21 DE MAIO ÁS 17 H.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022. MARTES 17 DE MAIO 13.30 h. NA PRAZA MAIOR DE MEIRA.
ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
ANUNCIO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO CONCELLO DE MEIRA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2021
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓNS DE TRANSPORTE DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS, AUGA E HIDROCARBUROS.
CONCERTO DA BANDA-ORQUESTRA DO CONSERVATORIO DAS PONTES. LUNS 16 DE MAIO, 20:30 h. IGREXA PARROQUIAL DE MEIRA
Meira un lugar cheo de natureza e patrimonio
Meira está rodeada de natureza con moitos lugares dignos de visitar, como o Pedregal de Irimia, onde nace o Río Miño.
A historia deste municipio está ligada ao mosteiro cisterciense de Santa María de Meira, monumento nacional desde 1931. Foi a Facultade de Filosofía durante máis de tres séculos e é un dos mellores exemplos medievais de arte Cisterciense en Galicia e España. Pertence á Ruta Europea das Abadías Cistercienses e é o legado máis importante que deixou a comunidade monástica da vila, sendo un monumento que non debes perder ao teu paso pola vila.
Meira forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, declarada pola UNESCO o 8 de novembro de 2002. O municipio destaca pola súa natureza e paisaxes únicas. O Nacemento do Río Miño, a fervenza da Mexadoira ou o paseo fluvial son algúns destes encantadores recunchos. Dende a Serra de Meira podemos contemplar unha panorámica moi ampla: Os Ancares, A Terra Chá ou incluso A Mariña Lucense, sen esquecer que pola noite é un lugar excepcional para a observación astronómica.
PEDREGAL DE IRIMIA
FESTA DA MALLA
RESIDENCIAL STA. MARÍA DE MEIRA
STA. MARÍA DE MEIRA
RUTAS DE SENDEIRISMO
ÁREA RECREATIVA PORTO DA PENA
FEIRA DE MEIRA
POLÍGONO INDUSTRIAL
FERVENZA DA MEXADOIRA
GASTRONOMÍA
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE MEIRA
ÁREA RECREATIVA PROFESOR RÍO BARJA
VISTAS DESDE A SERRA DE MEIRA
VÍA REXIA DO NORTE
ZONA DE CARAVANAS
FESTAS PATRONAIS
Contacta connosco
Ponte en contacto connosco e resolveremos as túas dúbidas.
Enderezo
Praza do Concello s / n, 27240 Meira, Lugo.
Teléfonos
(+34) 982 330 102
(+34) 982 104 090 (Fax)