
Patrimonio histórico de Meira
Meira é coñecida polo patrimonio histórico que o une ao mosteiro e á igrexa de Santa María, pero non podemos esquecer a arquitectura civil nin o valor e a beleza das outras igrexas e capelas. Un patrimonio eclesiástico que se estende polo noso concello e é digno de admiración.
En Seixosmil, temos a Igrexa parroquial de Santo Isidro, que ten un orixinal campanario, en forma de torre e cun pequeno balcón preto das campás. No Paderne pódese ver a fermosa Capela da Virxe das Dores, rodeada de vexetación e en Vilardemouros a Capela de San Pedro, tamén chamada “Ermida de San Pedro” a que está dedicada.
Cabe destacar a capela de Santo Isidro de Paredes, construída por un monxe e que data do século XIX, ou a capela de San Roque no cemiterio parroquial datada do 1519.
escudo meira
Escudo de Meira: sobre fondo azul, no lado dereito, o brazo dun monxe cun hábito branco que sostén o báculo abacial dourado e sobre el unha flor de lis.
No lado esquerdo, a mitra abacial e de novo outra flor de lis.
Cruzando o escudo, unha banda a cadros de prata e gules.
Sobre o escudo a Corona Real cerrada.
Trátase das armas da Congregación da Reforma de Castela dos Reis Católicos, á que se uniu a abadía de Meira en 1503, e dos mosteiros cistercienses fundados por San Bernardo en Castela, Asturias, León e Galicia.
Símbolos Cistercienses:
Os tres votos da orde son pobreza, castidade e obediencia, representados polos tres pétalos das flores de lirio.
A flor de lis está relacionada coa realeza francesa, o culto mariano, os templarios e a difusión do cristianismo durante as cruzadas.

Capelas e Arquitectura Civil