Meira
un lugar cheo de encanto
Convidámoste a descubrir todo o noso patrimonio, afondar na nosa cultura e gozar dunha paisaxe única.
En Meira atoparás
o teu mellor destino.
Ven a Meira e goza da natureza, a gastronomía, o turismo rural de calidade e as nosas feiras e festas.
Ven a gozar do famoso “pulpo á feira” ou do auténtico pan das nosas panaderías nas feiras dos domingos alternativos. Ademais, atoparás diferentes postos con produtos da zona.
Acolledoras casas e aloxamentos de turismo rural, cunha exquisita decoración e atención para ofrecerlle o confort que precisa.
Énchete de tranquilidade visitando o Mosteiro de Santa María de Meira. Déixate seducir pola beleza doutras igrexas e capelas ou pola arquitectura civil da zona, presente en escudos ou balcóns.
Goza da natureza deste fermoso lugar con amigos, familia ou só. Sorprenderache as marabillas naturais como o Pedregal de Irimia ou as fermosas áreas recreativas como o profesor Río Barja.
Observa dende o miradoiro toda a maxestade da serra de Meira. Algúns lugares idílicos tamén para os amantes do deporte e onde rutas de sendeirismo como a ruta Miño-Eo, a ruta Pedregal-Corno da Órrea ou a ruta Avelino Díaz, permitirán coñecernos un pouco máis.
Deixa que Meira te cautive coas súas lendas e esas tradicións que sempre están presentes, como demostra a Festa da Malla de Interés Turístico de Galicia.
Lugares para visitar
Fonte da Valiña
Fonte de Paredes
fervenza da mexadoira
Reserva de visitas guiadas ao Mosteiro de Sta. María de Meira e información turística sobre o concello.