Área recreativa do profesor Rio Barja

Está situada na beira do río Miño, xunto á zona escolar. Este parque está dedicado ao xeógrafo e profesor Francisco Javier Río Barja e acolle unha gran variedade de árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, nogueiras ou bidueiros.

Ten unha decoración tradicional composta por un hórreo asturiano (lousado a 4 augas), un cabozo (hórreo galego lousado a 2 augas), un cruceiro de pedra, unha miniatura dun dolmen, a representación do rosetón da igrexa e o escudo da vila decorando o chan. Tamén conta cun muíño restaurado e cunha cafetería-restaurante a carón deste.

Ademais dispón un amplo aparcamento, un parque infantil e un paseo ao longo do río dende o muíño da rúa da Balsa ata a Depuradora Municipal de 1,5 km de lonxitude onde se pode gozar dun agradable paseo acompañado do son do río, dos paxaros, das troitas saltando na auga, do murmurio das follas abaneadas pola brisa, … Sen dúbida, un lugar que non podes perder.

error: Content is protected !!