Hoxe venres, 03 de maio de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Praza do Concello, ás 16:00 horas.
Se es autónomo, ou propietario dunha Peme e precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí contarás co asesoramento de dous dinamizadores, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son os seguintes:
Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.