ERASMUS+

O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu dende o domingo 17 ata o xoves 21 de marzo a once alumnos e dous profesores do Lycée Militaire d’Autun, Francia, nunha mobilidade do programa Erasmus+. O título do proxecto é: “Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construír cidadanía europea”. Durante estes días expuxéronse e analizáronse os resultados dunhas enquisas sobre os estereotipos franceses en España e os estereotipos españoles en Francia. Visitamos Santiago de Compostela, o castro de Viladonga, Lugo cidade e parte da Mariña Lucense. Así mesmo, aproveitamos para amosar as costumes e tradicións galegas, que pouco encaixan coas ideas preconcibidas que teñen no estranxeiro dunha España hipoteticamente homoxénea.

Resultou sumamente interesante descubrir que Autun, situado na Borgoña francesa, ten partes dunha muralla romana similar a de Lugo, que na zona hay restos de poboados prerromanos parecidos ós nosos castros, que por Autun pasa unha das diferentes rutas do Camiño de Santiago e que os monxes que fundaron o mosteiro de Meira tiñan a súa orixe en Dijon, capital da Borgoña. Ao fin somos moito máis similares do que pensábamos nun principio!

error: Content is protected !!