Con motivo da celebración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras poñemos en marcha os VENRES DE CONSUMO RESPONDE. Unha convocatoria con vocación de permanencia, mediante a cal todos os venres ás 12.30 celebraranse a través da aula virtual de consumo charlas abertas a partir dunha temática, para que a cidadanía poda consultar as súas dúbidas.

Este venres, 18 de marzo ás 12:30 horas, inaugúranse os VENRES DE CONSUMO RESPONDE cunha charla virtual sobre a factura da luz.

Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que pinchar mañá ás 12.30 neste novo enlace ou copialo no navegador: https://xunta.webex.com/xunta/j.php?MTID=m661955a35c96485afd522a09b6164c8

Dádelle a UNIRSE A REUNIÓN  e vémonos!

Convídasevos a participar e a darlle a maior difusión posible.

 A sesión abrirase ás 12.15 horas de cada venres.

 Un saúdo

Escola Galega do Consumo

Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 091

error: Content is protected !!