PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E MUSICAIS PARA O MES DE XULLO E AGOSTO DE 2021.

VENRES MUSICAIS. DENDE O 23 DE XULLO AO 27 DE AGOSTO TERÁN LUGAR ACTUACIÓNS MUSICAIS NO EXTERIOR DE FORMATO E DURACIÓN REDUCIDA. TAMÉNOS DÍAS FESRIVOS EN MEIRA ( 15-16 DE AGOSTO ) HABERÁ ACTUACIÓNS MUSICAIS DA MAN DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE MEIRA E A BANDA MUNICIPAL DE MEIRA.

ADEMAIS DESTAS ACTUACIÓNS HABERÁ 3 CONCERTOS (2 DENTRO DA IGREXA PARROQUIAL: VAAMONDE E ROMERO , ETANGO EN XAN3IRO; E 1 NO EXTERIOR: GRUPO FOLK), OS DÍAS 7, 13 E 15 DE AGOSTO .

CON MOTIVO DO 90 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE MONUMENTO NACIONAL (BIC) DE SANTA MARÍA DE MEIRA (3 DE XUÑO DE 1931) HABERÁ VISITAS E PASEOS GUIADOS GRATUÍTOS: OS MÉRCORES, 28 DE XULLO E 11 DE AGOSTO ÁS 16:30, PASEO GUIADO E VISITA AO NACEMENTO DO RÍO MIÑO NO PEDREGAL DE IRIMIA , E OS DOMINGOS (SEN FEIRA) 1 E 29 DE AGOSTO ÁS 11:00 VISITA GUIADA Á IGREXA E MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE MEIRA . DEBIDO A QUE HAI UNHA LIMITACIÓN DE PERSOAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES GUIADAS, É NECESARIO INSCRIBIRSE CON ANTELACIÓN E AS PRAZAS CUBRIRANSE POR ORDE DE SOLICITUDE. FARANSE LISTAS DE AGARDA POR SE ALGUÉN SE DÁ DE BAIXA, E AMPLIARANSE A MÁIS GRUPOS NOUTROS HORARIOS SE A DEMANDA ASÍ O REQUIRE.
INSCRICIÓNS: 618 679 632, turismo@concellodemeira.com OU PRESENCIALMENTE NA OFICINA DE TURISMO DE MEIRA .

O VENRES, 13 DE AGOSTO HABERÁ UNHA EXPOSICIÓN DE XOGUETES ARTESANÁIS DE XIRAPAUS NO CABANÓN DA PRAZA DO CONVENTO DURANTE TODO O DÍA QUE TAMÉN OFRECERÁ VISITA GUIADA.

O LUNS 16 DE AGOSTO (FESTIVO EN MEIRA) NA PRAZA MAIOR HABERÁ XOGOS E ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS.

O MARTES 17 DE AGOSTO TERÁ LUGAR O ESPECTÁCULO CÓMICO-TEATRAL “ CONEXIÓN DE PINGÜÍN” NA CASA DA CULTURA. O AFORO É LIMITADO.

ESTAS ACTIVIDADES PODEN SUFRIR CAMBIOS OU CANCELACIÓNS EN CASO DE MODIFICACIÓN DA SITUACIÓN SANITARIA OU POR RECOMENDACIÓN DAS AUTORIDADES COMPETENTES.

AS MEDIDAS SANITARIAS RECOMENDADAS DEBERÁN MANTENSE EN TODO MOMENTO.

PRÉGASE COLABORACIÓN CIDADÁ RESPECTO A ISTO.

error: Content is protected !!