O 25 de maio remata o prazo para que os establecementos do pequeno comercio e da hostalería (incluído os negocios de hospedaxe) que desenvolvan a súa actividade en calquera dos 67 concellos da provincia soliciten a súa ahesión ao programa Bono Impulso da Deputación de Lugo , para o fomento do comercio na provincia. Non existe límite de establecementos, polo que todas as empresas e autónomos do sector poderán participar. NaPáxina web da Deputación está habilitado un espazo no que deberán cumprimentar un sinxelo formulario para adherirse. Tamén está habilitado o seguinte número de teléfono para calquera dúbida que poida xurdir 982.260.004 e o seguinte enderezo de correo electrónico: bonoimpulso@deputacionlugo.org