REUNIÓN DE URXENCIA. SÁBADO 25 DE SETEMBRO ÁS 22:00 HORAS. PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE MEIRA. INFORMACIÓN SOBRE A AFECCIÓN DOS MACROPARQUOS EÓLICOS AOS CONCELLOS DE MEIRA, A PASTORIZA E POL.
Está en marcha a creación de macroparques eólicos nos concellos de Meira, A Pastoriza e Pol. Esta información publicouse no Anuncio 35948 do BOE núm. 197 de 2021
Ademais dos danos causados pola instalación de aeroxeradores de grandes dimensión e a rede de evacuación de alta tensión, tamén existe unha zona poligonal afección con condicións severas para os propietarios e residentes nesas zonas.
MACRO P: E VENTISCA-MONZÓN-BOURA: Google My Maps
Na reunión que se celebrará o SÁBADO, 25 DE SETEMBRO DE 2021 ás 22:00 horas no PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL DE MEIRA, informarase aos asistentes sobre as repercusións destes macroparques e como afectan ás súas vidas e ás súas propiedades.
Este é o vídeo da reunión. Podes escoitalo entrando nesta ligazón: (4) Facebook
O prazo para presentar alegacións remata o mércores 29 de setembro e a información non se recibiu ata esta semana, de aí a présa por informar e alegar.
No seguinte sitio web hai moita información sobre o proxecto: https://macroparqueeolicomeira.wordpress.com/
Ademais, está en marcha a recollida de sinaturas a través da plataforma Petición · Se nos acaba el tiempo: construcción de MACROPARQUE EÓLICO en Meira, Pol y Pastoriza · Change.org para evitar a instalación destes parques.
Nesa xuntanza proporcionaranse e explicaranse os modelos de alegacións que pode presentar calquera persoa, asociación, empresa ou grupo de empresas. Tamén se publicarán nesta mesma páxina web. Non é necesario ter propiedades dentro da zona do parque para poder presentar alegacións, xa que afectará á vida diaria da vila e dos seus usuarios (habituais ou ocasionais), dos concellos limítrofes, da comarca e de toda a rodeada.
Estes son osmodelos de alegacións para os tres parques: Boura, Monzón e Ventisca. Deberanse descargar, cubrir e presentar no rexistro (concellos ou Xunta de Galicia) antes de que remate o prazo de alegacións o mércores 29 de setembro de 2021.
Esta é a entrevista que Radio Cope lle fixo a Brais Álvarez do Sindicato Labrego Galego respecto da creación destes macroparques eólicos. Entrevista Brais Sindicato. Cope. Macroparque eólico. 2021-09-24 at 18.12.49.mpeg(16.092 K)