Ruta de Sendeirismo Miño-Eo: domingo día 4 de maio de 2025.
Este ano 2025 incorpora algunhas novidades como veredes no cartel que se achega.
En primeiro lugar facilitarase o percorrido de 4 distancias diferentes.
Aínda que todas comparten percorrido, a diferenza está no punto de remate que se queira establecer.
- A saída será igualmente en Meira, diante do Concello e o final tamén será no mesmo punto, facendo o xantar no Cabanón do Convento https://maps.app.goo.gl/umbJfr5YCis6wR2d8.
- O que varía é o punto onde se decida parar: no Estreito ou en Meira.
- A 1ª distancia son 14 km, de modo que onde se indica no mapa Metade da ruta, continúase camiñando pola liña rosa para rematar no Estreito. Neste punto haberá un avituallamento así como vehículos que trasladen ás persoas camiñantes a Meira.
- A 2ª distancia son 21 km, que repite o descrito no punto anterior pero continúase camiñando de regreso ata Meira pola liña amarela, e desfacendo o camiño andado co descenso do Pedregal e retorno a Meira.
- A 3ª distancia son 20 km, percorrendo a ruta completa indicada no mapa con liña azul e rematando no Estreito, onde igualmente os vehículos trasladarán á xente ata Meira.
- A 4ª distancia e a máis longa son 27 km, facendo o mesmo que no punto anterior e regresando a Meira pola liña amarela, descenso do Pedregal e regreso a Meira.
As duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo estarán abertas a disposicións das/dos camiñantes: https://maps.app.goo.gl/HbbNqvZZkhEU6UkA9 polo que se recomenda traer roupa para cambiarse e estar máis agusto.
Outra novidade son os horarios:
Adiántase a hora de saída disposta para ás 8:00h e atrásase a hora do xantar para as 15:00h.
Tamén se modifica o sistema de inscrición podendo facelo online neste enlace Formulario de inscrición do Concello de Meira para así poder cumplir coa Lei de Protección de Datos, cesión de imaxe e posibilidade de autorizar a recepción destes correos informativos de actividades (se vos inscribides na ruta e queredes que vos chegue información sobrte as actividades que se levan a cabo no concello, cubride este campo para termos a autorización escrita do voso consentimento. Sempre poderedes darvos de baixa cando queirades.) O prazo de inscrición está aberto ata o domingo 27 de abril.
Ademais aparece na forma de pago a opción por banco ou en efectivo na Oficina de Turismo. En caso de facelo na Oficina, indicádeo e vide con tempo para non retrasar a saída.
Haberá almorzo en Espido e avituallamento no Piñeiro e no Estreito. E tamén acompañamento de Protección Civil.
No arquivo pdf que se achega están todos os enlaces tanto nos textos suliñados coma nos códigos QR (non é necesario escanealos).