Información sobre a implantación na Dirección Xeral do Catastro do novo servizo de videoconferencia “Catastro Directo (CADI)”.
Este servizo está dispoñible nos servizos de atención ao cidadán de todas as Xerencias do Catastro e permite que os cidadáns sexan atendidos por videoconferencia por parte do persoal funcionario da Xerencia, aforrando así desprazamentos innecesarios ás nosas oficinas.
Esta nova canle resulta especialmente útil para a atención ao cidadán no ámbito catastral xa que permite, a diferenza da atención telefónica, mostrar ao cidadán a descrición gráfica das súas parcelas na Sede Electrónica do Catastro sen necesidade de desprazarse persoalmente ás Xerencias do Catastro.
Trátase dun servizo cuxa prestación está suxeita a cita previa .
Os cidadáns que queiran pedir cita despois desa data para ser atendidos por videoconferencia deberán solicitalo chamando á Liña Directa do Catastro (91 387 45 50/ 902 37 36 35) .
Informámosvos de que o apartado correspondente a este novo servizo está dispoñible no portal da Dirección Xeral do Catastro ( https://www.catastro.minhafp.es/esp/cadi.asp ).
Tamén fixemos a inclusión dun post no Blog Fiscal de Crónica Tributaria cuxo enlace achegamos: