Turismo Rural en Meira
Goza da nosa contorna cos mellores establecementos rurais.
Descubre Meira en calquera época do ano.
Aloxamentos acolledores
Meira ten á túa disposición acolledoras casas de turismo rural para que poidas gozar do teu tempo de lecer do mellor xeito.
Aloxamentos rurais adaptados ás túas necesidades, rodeados de paisaxes cheas de natureza, arquitectura e cultura. Aloxamentos cheos de encanto, decorados cun gusto exquisito e onde a amabilidade dos propietarios fará que te sintas como na túa casa.
Meira é ideal para un turismo rural de calidade. Calquera época do ano é axeitada para achegarse e sorprenderse con cada un dos nosos recunchos. Toda a comarca está chea de tesouros patrimoniais dignos de admiración.
Ven a descubrir fermosas áreas recreativas, facer rutas de sendeirismo e gozar de diferentes actividades de lecer ao aire libre, como rutas a cabalo. Ou simplemente relaxarse escoitando as augas cristalinas do Nacemento do Río Miño.
Un xeito diferente para as túas vacacións, onde tamén podes saborear as delicias culinarias da nosa terra.
Establecementos de Turismo Rural.
Casa Cazoleiro
Casa Cazoleiro pode ofrecerche unha experiencia completa en Turismo Rural: ecoturismo, equitación, quad, piscina climatizada, gastronomía insuperable. Unha boa opción para gozar das súas vacacións.
Lar de Donas
Esta casa tradicional galega está chea de confort e encanto doutros tempos que inunda todos os recunchos das súas instalacións. Lar de Donas é un sofisticado e elegante aloxamento rural.
Casa da Xira
Esta acolledora casa rural de dous pisos, rodeada de natureza e tranquilidade, é ideal para gozar dunhas vacacións marabillosas ou para longas estancias por motivos laborais.
Mesón Pedreira
EN REFORMAS, PRÓXIMA APERTURA