A agrupación de concellos de A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto, co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, implantará un programa de compostaxe co que reducir a fracción orgánica dos residuos.
O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.
Os veciños do concello de Meira interesados en participar na campaña de compostaxe poderán inscribirse e informarse sobre a mesma no posto de información que se colocará na Praza do Concello o 10 de decembro de 2020 de 11:30 a 13:30 horas. Tamén o poderán facer ata o 22 de xaneiro de 2021 nas oficinas municipais ou chamando ao 982 330 102.