A Asociación Cultural Avelino Díaz, CONVÍDATE ó Acto de celebración do X Aniversario da Asociación e do Día Mundial da Poesía que terá lugar o día 23 de marzo, ás 18 horas, no Salón de Plenos do Concello de Meira.

Consistirá nunha Cata Literaria, con proxección dun vídeo, síntesis dos dez anos da Asociación, recitado de poesías do Poeta de Meira por parte de: Montse Vidal, Antía López Gándara, Ruth Busto, Xúlio Pardo de Neyra, Martiño Maseda, María García Jartín, Manuel Celso Matalobos, CEIP de Riotorto, CEIP Poeta Avelino Díaz e IES Pedregal de Irimia.
Haberá música popular e cata gastronómica dos produtos da IXP Terras do Navia e Cociña de Ancares da man de Asgafon (Asociación de Gandeiros da Fonsagrada).

 

error: Content is protected !!