MUNICIPIO

 

Historia

A historia de Meira remóntase no tempo. Algunhas fontes suxiren que houbo neste lugar unha comunidade de eremitas bieitos gobernados polo abade Xiraldo, alá polo ano 995.
A verdade é que Meira está ligada ao Mosteiro Cisterciense de Santa María de Meira. Doce monxes franceses procedentes de Clairvaux foron a estas terras grazas ao rei Afonso VII e fundaron unha comunidade monástica en 1143.
Meira tivo Colexio Maior de Filosofía dende o século XVI, considerado un centro de estudos moi importante. Foi ocupado polas tropas napoleónicas e abandonado por mor da Desamortización de Mendizábal, que deu orixe á actual vila de Meira.

Datos Demográficos

O Concello de Meira ten unha poboación de 1.731 persoas.

Datos do 01/01/2021.

Homes

Mulleres

Parroquias

Meira está situado a 486 metros de altitude e está situado no nordeste da provincia de Lugo. Unha superficie de 46,9 quilómetros cadrados repartidos 38 aldeas e barrios a ambos os dous lados da serra que leva o seu nome, que forman as parroquias de Seixosmil e Meira. Ambas as parroquias pertencen ao arciprestazgo da Fonsagrada – Luaces – Bolaño.

O concello limita ao norte con A Pastoriza e Riotorto, ao sur con Pol e Ribeira de Piquín, ao leste con A Pontenova e Ribeira de Piquín e ao oeste con Pol e A Pastoriza

O seu punto máis alto atópase no Pico do Forno de Martín, onde está situado un dos vértices xeodésicos.

A Nacional 640 (Barres-Vilagarcía de Arousa) atravesa a vila de norte a sur, aínda que tamén se pode acceder pola LU-750 desde a saída da autovía A6 en Baralla, pola LU-120 desde Vilalba (onde conecta coa A8) e a LU-122 desde A Mariña (Mondoñedo e Lourenzá) por onde tamén se pode acceder á A8.

O perfil económico do noso concello baséase na industria, na agricultura, no comercio e nos servizos, sendo a cabeza da comarca do mesmo nome e que formamos catro concellos en total: Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.
Mostra diso son as feiras ou mercados quincenais que reúnen a centos de persoas nas prazas da vila para mercar e vender produtos de todo tipo: alimentos, artesanía, roupa e calzado, pequenos animais domésticos, etc.

As festas son sen dúbida unha das referencias deste enclave: Candeas, Entroido, Corpus Christi, a Santa María, San Roque e a Xira Campestre en Meira, San Isidro Labrador en Paredes, San Pedro en Vilardemouros, As Mercedes no Estreito e a Festa da Malla de interese turístico de Galicia.

error: Content is protected !!