Meira

un lugar cheo de encanto

Convidámoste a descubrir todo o noso patrimonio, afondar na nosa cultura e gozar dunha paisaxe única.

En Meira atoparás

o teu mellor destino.

Ven a Meira e goza da natureza, a gastronomía, o turismo rural de calidade e as nosas feiras e festas.

Ven a gozar do famoso “polbo á feira” ou do auténtico pan das nosas panaderías, nas feiras que se celebran os domingos alternos. Ademais, atoparás diferentes postos con produtos da zona.

Acolledoras casas e aloxamentos de turismo rural, cunha exquisita decoración e atención para ofrecerche o confort que precisas.

Énchete de tranquilidade visitando o Mosteiro de Santa María de Meira. Déixate seducir pola beleza doutras igrexas e capelas ou pola arquitectura civil da zona, presente en escudos e balcóns.

Goza da natureza deste fermoso lugar con amigos, en familia ou só. Sorprenderante as marabillas naturais como o Pedregal de Irimia ou as fermosas áreas recreativas como a do Profesor Río Barja.

Observa dende o miradoiro toda a maxestosidade da Serra de Meira. Algúns lugares idílicos tamén para os amantes do deporte, e onde rutas de sendeirismo como a ruta Miño-Eo, a ruta Pedregal-Corno da Órrea ou a ruta Avelino Díaz, permitirán coñecernos un pouco máis.

Deixa que Meira te seduza coas súas lendas e esas tradicións que sempre están presentes, como demostra a Festa da Malla de Interés Turístico de Galicia.

 

ÁREA DE AUTOCARAVANAS

Meira ten unha área gratuíta para autocaravanas inaugurada en 2019. Ten 8 prazas, auga, desaugadoiros químicos e unha zona verde con bancos. Moi preto do centro da vila onde tes todos os servizos.

Lugares para visitar

Cruceiro da Pena

Cruz de Meira

Fonte de Regolongo

Fonte da Valiña

Fonte de Paredes

Fervenza da Mexadoira

Área Recreativa Porto da Pena

Paseo do Miño

Piscina municipal

Reserva de visitas guiadas ao Mosteiro de Sta. María de Meira e información turística sobre o concello.

www.facebook.com/turismodemeira/

turismo@concellodemeira.com

Turismo de Meira

tel. +34 618 679 632

Fervenza de Mexadoira

error: Content is protected !!