Mosteiro de Santa María de Meira

A vila de Meira fundouse grazas á construción deste mosteiro que se remonta ao século XII, arredor do ano 1.143.

Santa María de Meira

Un mosteiro medieval

Fundado no século XII. Conserva a igrexa e parte dos edificios monásticos. Un lugar para visitar e deixar gravado na retina.

De estilo cisterciense, a igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira ten 70 metros de longo e 14 metros de alto e é un dos mellores exemplos desta tipoloxía en Galicia. Segue o estilo austero desta orde relixiosa, e foi consagrado o 3 de xuño de 1258 polo Bispo Martín de Lugo, celebrando unha concorrida feira para celebralo.

A fundación do mosteiro

Para a construción da igrexa seguiuse o modelo do templo cisterciense de Clairvaux, de onde saíron os 12 monxes e o abade Vidal para facer esta fundación, por orde de San Bernardo. Así, ten planta de cruz latina con 3 naves, cruceiro e 5 capelas, sendo as laterais cadradas e a central semicircular.
No século XVI construíuse o edificio anexo para acoller a Facultade ou Colexio Maior de Filosofía, Hospedería, Portería e o Claustro dos Cabaleiros. Hoxe está adicado a Casa do Concello e reitoral, e aínda se conserva parte deste claustro.
Na primeira década do 1800 foi ocupado polas tropas de Napoleón que o usaron como hospital militar e polvoreira.
Deixou de ter vida monástica a partir de 1835 por mor da Lei de Desamortización de Mendizábal.

No interior

Acolle un sarcófago de Doña María de Bolaño (1543) e unha lápida esculpida de 1659, así como interesantes retablos barrocos dos séculos XVII e XVIII.
Sorprenderante as marabillosas pinturas murais da chirola do século XVII.
A amplitude, luminosidade e austeridade fan unha mestura perfecta que che impresionará. A culminación excepcional é o gran rosetón da fachada.

No exterior

A súa fachada e o seu rosetón non deixan a ninguén indiferente. Pero sen dúbida quedarás abraiado polas ferraxes da porta principal que che fará desexar ver e saber máis sobre este impresionante monumento.

Achégate a coñecer o Mosteiro de Sta. María de Meira

error: Content is protected !!