Vía Rexia do Norte
Este camiño está documentado en 1249 como o “vía rexia” aínda que tamén se coñece como o Camiño de Abres, o Camiño Real de Meira e nalgunhas zonas como o Camiño dos Arrieiros, do sal ou do ferro.
A saída ao mar polo río Eo.
O seu propósito era a unión da capital lucense coa saída ao mar pola ría do Eo. Sepárase do Camiño do Norte en Vegadeo e dende alí achégase á ría para subir lentamente cara ao interior por Santiago de Abres, Santirso de Abres e A Pontenova. Atravesa o río Eo e a estrada nacional 640 e comeza unha longa pero suave subida pasando por Vilaxe, Xudán, Beche e Regocorto ata chegar a A Órrea, onde no tramo coñecido como Camiño do Rosario superpóñense para levarte ata o Marco de Álvare. Dende alí baixa a Meira, pasando polo Mesón da Costa, A Valiña e A Pena para entrar no centro urbano despois de cruzar o río Miño.
Este punto foi moi importante debido ao mosteiro cisterciense de Santa María de Meira, que ofrecía hospitalidade aos peregrinos. Este servizo foi prestado polos mosteiros e en calquera das dependencias que tiñan a carón do camiño (granxas, casas, …) desde a costa galaico-asturiana ata a cidade de Lugo.
Sae de Meira por Riocabo ata Paraxes e Orxás e continúa por Gomesende e Torneiros cara a Reguntille e Couto de A. Deixa atrás o Castro de Viladonga e dende Os Pinos continúa por Ludrio e Mondriz. Despois cruza os Pasos de Orizón e a carón dos Lagos de Teixeiro, continuando por Vilachá, Ponte Vilariño, Albarello e Cimadevila. Debido á construción do novo hospital Lucus Augusti, a camiño antigo quedou cortado neste punto, motivo polo que levan pedindo unha pasarela que dea continuidade á traza e saída aos veciños de Cimadevila.
Dende aquí baixa ao barrio da Chanca e, unha vez pasada a ponte do río Rato, chega a Lugo.