A Deputación de Lugo pon en marcha 14 itinerarios para dar a coñecer o románico lucense o Día da Transrománica.
As rutas terán lugar o 9 de maio en diferentes concellos da provincia, coincidindo coa conmemoración europea e dará visibilidade a un recurso cun gran valor patrimonial deste estilo arquitectónico. As visitas guiadas serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita. A inscrición ábrese o venres 30 de abril ás 10:00 horas e pecha o 8 de maio ás 12:00 horas.

A visita que corresponde a Santa María de Meira será ás 11:00 horas.

Inscicións e máis información nos documentos que se achegan.

Día Da Transromanica | Deputación de Lugo (deputacionlugo.org) http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/dia-da-transromanica