COMPÁRTESE O ENLACE NO QUE CONSULTAR OS PLANOS DESTES CAMIÑOS: https://we.tl/t-ZECKlwNuB1

O plazo de alegacións a este inventario de camiños é ata o xoves 9 de maio de 2024.

B A N D O

ANTONIO DE DIOS ÁLVAREZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEIRA, PROVINCIA DE LUGO.

FAGO SABER:

QUE SE AMPLÍA UN MES O PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA E CONSULTA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, ATA O 9 DE MAIO DE 2024:

Este concello adxudicou á empresa Aleutos Solutions, S.L., a realización dun inventario dos camiños de titularidade municipal, que se expón ao público de toda a poboación tanto na páxina web do Concello de Meira (www.concellodemeira.com) coma no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Poderán formular reclamacións todas aquelas persoas que se vexan afectadas, debendo aportar a correspondente documentación xustificativa da propiedade de ser o caso.

O que se pon en coñecemento de toda a poboación aos efectos oportunos.

Meira, 9 de abril de 2024

error: Content is protected !!