Ruta Pedregal-Corno da Órrea
Ruta Pedregal-Corno da Órrea
Esta RUTA comeza na Aula da Naturaleza de Meira, onde hai un panel que ofrece información moi detallada sobre o sendeiro. No camiño poderemos ver fontes características, un miradoiro e gozar da natureza da montaña luguesa.
Descrición da ruta
A ruta comeza na Aula de Natureza situada xunto ao Porto da Pena. Alí atoparás un panel con toda a información detallada do camiño.
A ruta comeza por asfalto ata o Pedregal de Irimia, onde pasa a ser un sendeiro de terra compartindo o itinerario coa ruta Miño-Eo dende este punto ata case o final do parque eólico no seu punto máis ao norte. As vistas desde o parque eólico son absolutamente fantásticas.
A ruta continúa por silenciosos bosques de piñeiros ata chegar ao miradoiro do Corno da Órrea e despois regresar ao parque eólico. Durante todo o camiño podes gozar de regatos e mananciais como a Fonte de Cabana, a Rega do Francés ou a Rega da Gadella, e tamén de animais salvaxes como corzos, cabalos ou vacas,miñatos, raposos, etc.
Información da ruta
Distancia: 19 km.
Duración: 5h.
Dificultade: Media
Ruta ben marcada mediante sinais, frechas e paneis.
Posibilidade de reducila só á parte circular. 10 quilómetros aproximadamente.
.
Altitude mínima: 889 msnm.
Altitude máxima: 484 msnm.
Tipo de ruta: circular.
Accesible a pé, bicicleta de montaña e cabalo.
Acceso
Desde Meira, pola CP-3003 (xunto á igrexa de Meira) ata o Porto da Pena (1 km.) Nese cruce xirar á esquerda ata a Aula da Natureza. Non hai aparcamento para vehículos. A ruta comeza xunto á Aula da Natureza.